The Skarnivals

The Skarnivals é unha banda ska / punk / folk galega nada en 2009 baixo o nome de Skakeo. Uns directos cargados de enerxía xunto cun estilo persoal e reivindicativo serviron á banda para iniciar o seu camiño dándolles o impulso necesario para comezar a editar os seus primeiros traballos. En decembro de 2010 a banda presenta Skakeo. Un Ep formado por 5 temas entre os que se atopa "Historias do mar". Ademais, ese mesmo ano, esta maqueta condúcelles a formar parte do recopilatorio internacional Echte Übersee Records editado en Alemaña entre máis de 40 bandas do panorama ska, punk, reggae e cumbia do momento. En outubro de 2012 a banda lanza o seu primeiro LP. 

Torsión Mundial. Un disco composto por 10 temas, repleto de forza e que fusiona diversos estilos levándoos a dar o salto a diferentes puntos da península. En 2016, a banda volve aos escenarios coas pilas cargadas presentando 

Movimiento Irracional. Un novo traballo que serve como consolidación do proxecto e das novas incorporacións nas filas da banda. Unha chamada á tolemia tanto no temático como no musical. Unha filosofía de loita e de alegría en contra da incansable sobredosis de cordura que nos pretenden implantar. Un disco directo, versátil e moi definitorio da traxectoria da banda no seu sexto ano de vida.

Actualmente a banda atópase inmersa na gravación de novo traballo que verá a luz en 2021. Pero polo momento podemos gozar duns singles adiantos deste novo traballo:

VIDEOCLIPS 2020

· DO REVÉS Click Aquí para ver

· CHACAL Click aquí para ver


VIDEOCLIPS ANTERIORES

· INSENSIBILIDAD Click aquí para ver

· FOLIADA VERDECENTE Click aquí para ver